Unha das cosas boas que trouxo o de facer a exposición de piuntura en Ferrol foi que retomei o contacto co profesor de debuxo e pintura que tiña cando era unha rapaciña. Dos 13 aos 16 ou 17 anos, creo lembrar, fun a clases de debuxo e pintura co pintor Juan Galdo, en Ferrol. Estas clases as teño na memoria como algo que me gostaba moitísimo, ía sempre moi contenta, porque o noso profesor sabía facelas divertidas.. Aprendíamos a encaixar ben o debuxo, a medir co lapiz para gardar as proporcións, a traballar a perspectiva e o encadre, pero tamén pintabamos ao óleo, faciamos carboncillo, pasteis...mesmo creo que algunha vez fixemos modelado con barro.
Mentras debuxabamos, adoitaba poñernos música, moitas veces, ópera, algunha vez a voz rota do cantante Aristide Bruant, (o do cartel de Touluse Lautrec...) A mín gustabame esas dúas horas artísticas dos luns mércores e venres, creo que era, e tamén as discusións sobre arte que ao salir de clase, nos tramos que compartíamos o camiño de volta tiñamos algúns compañeiros. Olga, Andrés, que terá sido deles? Eu estou segura que estean onde estean, estarán pintando...Para mín eran dous verdadeirtos artistas, non porque o fixeran ben, que tamén, senon porque tiñan unha paixón pola pintura que eu admiraba, mesmo envexaba. Na miña vida aquelo de pintar era algo agradable, e, si, importante, pero había mais cousas...para eles non. Toda a súa vida xiraba en torno á pintura.
Onte aproveitei a invitación de Galdo e fun visitar o seu taller, e mostroume as súas últimas obras. Está preparando unha exposición sobre o Carnaval para o próximo mes de febreiro, en Ferrol, que espero poder visitar. Falamos dos antiguos compañeiros e alegroume saber que segue a ter contacto con moitos deles, e que as veces o van visitar ao seu estudio, como fixen eu onte. Contoume que falou con algún deles sobre a miña exposición, e que se lembraban de mín, a pesar de tantisimo tempo que pasou. O certo é que eu tamén os lembro perfectamente, como si fora hoxe, así que non é tan raro.
En fin, foi un pracer recordar vellos e felices tempos e retomar o contacto con persoas que pensei que nunca volvería ver..Eso, que, facendo gala da súa condición docente, o meu vello profesor non deixou de facerme notar que logo de visitar a miña exposición, considera que teño que traballar mais o debuxo...Que se nota ben o tempo que pasei sen prcticar e que hai que reforzar a base e debuxar debuxar debuxar, todos os dias, durante anos, unha e outra vez... que non hai outra maneira...E nesas estou! Non sei si me chegara o tempo que me resta de vida pero...no camiño está a vitoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario