Onte fun de avanzadilla co meu equipo-base en ferrol a ver a sala onde teño que expoñer. O meu equipo base en Ferrol está composto pola miña nai (que leva a sección "poñerás un viño e algo de picar, ou non?") e o meu irmán Tin, (que leva a sección "marqueteado e colgarío de cadros", e xa estivo mirando para os rieis dos que os ten que pendurar con cara de experto como si montase exposicións un venres sí e outro non).
Chegamos o mencionado equipo ao Ateneo ferrolán cos cadros no maleteiro nunhas bolsas de Ikea (menos mal que non collín as do lixo para comunidades, que mercara unha vez por erro) coa idea de montar a beirarúa xusto na porta e descargar o lote, cando xa vexo moito rebumbio, cámaras de televisión, periodistas e a directora do Ateneo falando para a tele na rúa.
Baixa tí que a min dame a risa, hai tal aglomeración na entrada que renuncio a carrexar mis cadros por entre tanto xentío e paso de largo como si a cosa non fora comigo. Aparcamos lonxe, deixei os cadros no maleteiro e fumos andando como si pasaramos por alí de casualidade. Curiosamente, ao chegar, xa non había ninguén, e a muller que daba a entrevista ( Cristina) unha vez que me presento, e logo dos saúdos de rigor, explícame que hoxe non voi poder cravar nada porque teñen as salas ocupadas coas -dito nun susurro- negociacións.
Vamos, que non podíamos darlle ao martelo porque na sala contigua está o futuro goberno de Ferrol , saído das urnas o pasado 24 de maio , tratando de chegar a algún acordo. Están reunidos os de Ferrol en Común (a marea ferrolana) cos do Bloque e os do PSOE. Cristina móstranos a sala de exposicións moi amablemente e, efectivamente, para ir a ela pasamos diante dun grupiño de xente sentada tomando un café e falando nunhas salas coas portas de cristal.
Sentindome parte (aínda que como veciña de sala) dun momento histórico, respondo que non hai ningún problema, que xa volverei outro día, faltaría mais, non vou ser eu quen poña un pau nas rodas da historia. Así que unha vez visitada a sala, e comprobado que non, non teñen martelo, si, teñen unha escaleira de tres chanzos, si, tamén teñen unha neveira e unha mesa, volvo para casa a reorganizar mis tropas.
Visto que o plan de traballo queda desfeito, o equipo base decidimos ir tomar unha cervexa, xa faremos todo o xoves. Levo o bolso cheo de folletos, pero por algún motivo dame vergoña deixalos en ningún sitio e volvo con eles a Santiago.
Mañana é a vispera da exposición e non creo que teña tempo de pasar por aquí, estarei en Ferrol colgando os cadros. Ao parecer as "negociacións" van durar ata o sábado, así que tentaremos darlle a modiño ao martelo, para non alterar o curso da historia, pero vamos, algún porrazo haberá que dar.
Esta é a sala na que vou expoñer e parte do equipo (a miña nai). A exposición é a que había no mes de maio, xusto antes ca mín. Se cadra o proximo post xa poderá ser cos meus cadros e coa miña exposición, co meu dia "E". Vémonos!
4 comentarios:
Que teñas moito éxito Esther! (botabámoste de menos por aquí ;) )
E logo nas salas de exposicións hai que colgar os cadros cravando cousas nas paredes? Sempre me preguntei como sería porque moi factible non me parece furar as paredes unha vez ó mes... non teñen barras desas para colgar os cadros? Teño curiosidade, a verdade, xa contarás!
Informaremos as bases !!! Gran noticia...pero o Triunvirato que prometeu a asistencia non podera acudir.
Un que si anda no Pais Vasco, o outro que lle queda moi lonxe e o último que ir solo como que é un pouco dificil, o caso e que A Madriña estará pero non estará. Non sei si me explico...
Moita sorte !!!!
Eh amigos no próximo post información completa, aínda cheguei hoxe e non tiven tempo de acougar!
Que falen baixiño os das negociacións e non estraguen o momento histórico. En Luanda non se fala de outra cousa! Ramón
Publicar un comentario