Certo é que tiña o blog abandoado...A última foto que publiquei foi realmente premonitoria: tempo conxeado. Desde ese post de febreiro pasaron moitas cousas pero eu non pasei por aquí, así que a miña vida parece que quedou detida nesa foto dunha ventá chea de tearañas, cando non é así.
De momento, estou moi contenta porque un dos carteis que presentei a un concurso quedou finalista (levei unha alegría tremenda cando me chamaron, esa xa no ma quita nadie) Foi nun concurso de carteis pàra as festas de Barañain aquí podense ver os finalistas, entre eles o meu. Ao final, na fase de votación popular gañou outro, ( o da esquerda) pero eu quedei segunda o que penso que non estivo mal.
O caso é que agora mesmo non son capaz de pensar noutra cousa que na exposición de pintura que vou facer o mes que ven, o sea xa!.
Non sei se contara aquí que hai un ano, cando me dera por poñerme a pintar, mandei algunha solicitude a varias salas de exposicións e dixeranme que si no Ateneo ferrolán. Pois a data que fai un ano parecía tan lonxana xa chegou, e a semana que ven inauguro a exposición. Que medo!
Aquí está o meu irmán botandome unha man cos marcos
Eu decidín que é mellor que me relaxe e deixar de pensar na cousa da exposición, porque cada vez que miro para os cadros dame o punto de poñerme a repintar todo e xa non vai dar tempo a que seque!
Mañán a ver si podo poñer o cartel da exposición e mais datos.
2 comentarios:
alaaaaaaa que de boas novas, Esther!! alédome moitísimo :)
Por certo, a foto do teu irmán a través da xanela é preciosa!!
Moitíiiiiiiisimos bicos
meni*
Mui chulo, muito máis bonito o teu ca o que gañou!! De verdade, non é por decir, non ten comparación! Ramón
Publicar un comentario