viernes, 16 de enero de 2015

As meninas, Canido

 Xa van alá 15 dias do 2015, e eu sen tempo sequera para facer os preceptivos bos  propósitos para o ano novo! Sen ter uns míseros proxectos que facer para o ano que empeza!

Non é que non teña propósitos, que va. A de cousas a facer que teño en mente! As veces teño o cerebro coma unha macro discoteca, con todas as miñas  ideas bailando e dando saltos ao mesmo tempo, bulindo por seren as escollidas para pasar á acción. Non, o que pasa é que non teño tempo. Agora  mesmo, e penso que por moito tempo, teño moito mais traballo na casa e tamén moito traballo mais no traballo (si, tengo un traballo fora da casa, cun horario e todo iso) así que o tempo que antes adicaba as miñas maquinacións quedou reducido á mínima expresión. Por facer xa nin fago fotos!

Por outro lado, os nenos van crecendo, e os meus intereses van reorganizandose, e, dalgún xeito, sinto que vou retomando un pouco a persoa que era antes de iniciar o apasionante paréntese da etapa da vida na que tes que lidiar con nenos pequerrechos. Vale, non sei si é un parentese, o un mergullo nunha poza máxica, unha visita ao inframundo, ou unha viaxe inciatica...o único que sei é que é un tempo que non dura para sempre, de feito pasa rápido e veloz!...Cando estas dentro parece eterno, pero de repente, remata e mirando para atrás pareceche un suspiro...Así que poderíamos dicir que estou nunha fase de transición no?

En fin, a mín gostaríame seguir co blog, así que non quero que esto soe como unha despedida, porque non o é. Vou intentar seguir pasando por aquí, ainda que sexa para colgar algunha imaxe, sen comentarios. 

E para retomar este ano 2015 con bo pé, deixo as últimas fotos que tomei no 2014. Son dun paseo polo barrio de Canido, en Ferrol, a cidade onde nacín,  o último dia do ano 2014. O barrio merece unha visita. Si vades por Ferrol algun dia,  preguntade polo barrio das Meninas, pasealo,  e disfrutade da fermosa dignidade dun barrio que non quere morrer, e tomade a miña saúde unha cervexa ao sol na praza do Cruceiro de Canido.

 



  






1 comentario:

Tartaruga dijo...

Gustoume moito lerte e gustoume moito esta entrada porque é un pouco como me sinto aínda que supoño que sen moito que ver :D Eu enténdome. En fin, que quero ver algo de ti, coma esta marabilla que nos amosas, en serio está en Ferrol? Encántame!

Un biquiño linda, feliz ano e feliz reencontro ;)