E moi divertido recoñecer caras e figuras nas manchas da parede, nas nubes, no mobiliario urbano... Ata hai pouco non sabía que eso, que é unha das miñas aficións favoritas, tiña nome!
Esta é unha mancha nunha parede que vimos hoxe Miguel e mais eu, de camiño de volta a casa.
E estas son (algunhas das) cousas que imaxinamos...
Por exemplo un oso polar comendo un xeado
Uns bailarines namoriscados
A caricatura dun vello (ten un ar co Papa non?)...
Un caco un pouco bruto
É divertido, a verdade!
2 comentarios:
E onde atopaches o palabro? Sodes ben imaxinativos, vou tratar de sacar tempo para usar un pouco o meu cerebro tamén :)
Pois o palabro non sei onde o vin (porque escoitar nunca o escoitei) pero creo que foi en flickr...
Mola aprender palabras novas verdade? Non sei onde leín o outro día que os noruegos teñen unha palabra especifica para a cervexiña que tomas fora, ao aire libre Utepils o algo así. Cantas utepils non haberé eu tomado sen sabelo!
Publicar un comentario