lunes, 17 de noviembre de 2014

Bolsa deportiva fácil (tutorial)

Este foi un encargo especifico do meu fillo Val.  Quere a bolsa para levar o balón de baloncesto e o bocadillo cando vai entrenar e despois ten que ir a clase de inglés. Quería algo mais lixeiro que unha mochila do cole, pero algo un pouco mais grande que as típicas mochilas  de tea con cordas, porque nas dese tipo non lle cabía o balón. 

Como teño tres fillos (de 16, 11 e  8 anos) que xogan ao baloncesto, temos acumuladas camisetas de basket de todo tipo, cor e tamaño, así que pensei en usar unha das que nunca poñen para facer a bolsa requirida. Así lle daría ao chollo un toque mais tecnolóxico, o que sería moito mais apreciado polo meu pre-adolescente fillo que a típica manualidade feita pola súa nai, que a verdade, xa solo son capaz de colarlle ao mais novo dos meus tres fillos. Creo que o tecido é estupendo para facer a bolsa: ainda que non é impermeable,  sí se molla seca rapidisimo e ten moita folgura cando a enches, pero a vez cando está vacía é moi pequena, e  cabe no peto dun pantalón. 

Comentado o asunto co destinatario, pareceulle ben o tema, así que me puxen mans a obra e este foi o resultado:




Hei dicir que  a bolsa está sendo moi usada e cumpre ben o seu cometido así que a vou catalogar como un exito de crítica e público.

Fixen unhas cantas fotos do proceso (malas , porque cando podo poñerme a facer cousas xa   non hai luz natural) pero que eu penso que poden dar a idea do asunto se alguén quere probar a facer unha bolsa como esta:











Ben, vexo  que as fotos non aclaran moito, como creadora de tutorialis son malisima!

A idea principal que quero transmitir  e a de aproveitar os remates que xa ten a propia camiseta para facer as pezas polas que se mete a corda, para darlle,  co mínimo esforzo e unha máquina de coser normal (eu non teño unha overlock, que penso que sería a indicada para este chollo) )  un aspecto profesional ao traballo.

Despois a cosa  non ten mais ciencia que facer unha bolsa cosendo polo  fondo da camiseta dada a volta (como din os que saben, dereito con dereito) sen esquecer meter no medio as pezas para o cordón, cara a dentro, para que ao darlle a volta queden para fora e abertas,  e facer na parte de arriba na boca da bolsa un dobladillo para meter o cordón das asas por él. 

Uff, é mais facil facelo que contalo!

Estou pensando que algún dia vou abrir unha sección no blog que se chame "Tutoriais" e facelos como Dios manda, con esquemas debuxos e fotos do paso a paso.

Eso, algún dia, se cadra.

 .

2 comentarios:

Tartaruga dijo...

Encántame! Eu fixen bolsas para xinasia para as nenas reutilizando tamén vellas camisetas, pero esta idea túa da camiseta de baloncesto para o baloncestista é moi boa! Eu veño de darme nos fuciños outra vez e reaprender que hai que facer o que eles queren, non o que me gusta a min (e que mozos van xa! o teu pequeno é case como a miña máis vella! Que bo cambiar de fases, non?)

esther dijo...

Ola Raquel!
O da foto non é o pequeno e o do medio, pero si, o pequeno tamén vai ben mozo.
É certo, sinto que remata unha etapa e empeza outra...e tes razón e bo cambiar de fases!