Vale, non é gran cousa, pero é o que hai. Parecía facil, calquera sinal, calquera tapa de rexistro, calquer cousa redonda parece un O, pero eu buscaba un O con rabiño, e a cousa cambia...
Hoxe, pese ao calor, foi o típico dia de outono, coas follas caendo e as cores tan bonitas das árbores... así que decidín buscar a miña letra nunha arbore. Parecía que andaba a facer unha inspección fitosanitaria no Campus, observando cada tronco, cada fenda , cada ...Ten un nome especifico a cicatriz esa que queda na árbore cando lle cortas unha pola?
Por certo, gracias a este xogo atopei esta letriña, nun muro que vexo todolos dias, na que non me fixara antes...Será unha marca de canteiro? Será a firma dun tal mestre Estebo, por exemplo? Non o sei...
2 comentarios:
"Estebo" ?... muller !!!
Un Estebo cualquiera, por qué no? Houbo un mestre Estebo famoso canteiro que traballou no castelo da Rocha, xa se que é doutra época, pero quen sabe, ao mellor tiña unha franquicia
Publicar un comentario