lunes, 20 de octubre de 2014

A

Hai tanto tempo que non paso por aquí!...

Normalmente no blog góstame poñer as cousas que fago no meu tempo libre (as cousas das que me sinto orgullosa, claro, non as outras...) Agora, como apenas teño tempo libre, o pouco que teño o adico  a descansar, sin mais,  cos pes en alto, a lingua de fora e a mente en branco, e claro, isto non da moito chance para unha entrada no blog!  Así que vou ter que inventar novas excusas para pasar por aquí e escribir algo!

De momento, hoxe pola mañá,  cando ía de camiño ao traballo vin no ceo esta inmensa  A, e decidín tomala como unha  sinal.

A de ánimo! 

E como son moi dada aos retos, decidín inventarme este xogo: esta semana de luns a venres, teño que buscar cada día unha vogal oculta. No ceo, no chan ou en calquera parte. Non vale unha letra real, ten que ser algo que colla a forma da letra. Como esta A


Así que Ánimo!
Estou segura de que han vir tempos mellores para todos...e si non, vamolos ter que ir buscar!


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Nunca choveu que non escampara ... seica. Bicos, Erktorp

esther dijo...

Vou engadir ó meu cartel de Nunca choveu ese... seica do final, encantame!
Saúdos meu!