Volvo ao concurso semanal de deseño textil de spoonflower, ao que teño moita querencia...Non houbo sorte na miña proposta cosmica, pero probo sorte outra vez no concurso nomeado "Sewing notions". O que pedían era catro deseños coordinados encaixados na medida dunha yarda, co tema dos materiais de costura como botóns, agullas e esas cousas que podes atopar nunha mercería. Esta é a miña proposta:
Poderá votarse penso que a partires da última hora da tarde deste xoves, si alguén se anima, pode facelo aquí...xa se sabe, votos e comentarios sempre son de agradecer!
Para facer a proposta partín duns bocetos a acuarela, feitos, como non, no meu querido caderno
2 comentarios:
Gústanme moito! Teñen unhas cores moi alegres, o único pero, por poñerlle algún, é que todas teñen fondo branco e normalemente á xente gústalle ter o fondo combinable nas coleccións para patchwork...
Merquei un estoxiño de acuarelas... agora encantaríame saber usalas... e máis saber debuxar. Igual algún día teño tempo libre para adicar a todo o que me gusta ata aburrirme ;)
Si, certo, estaba precisamente pensando facer unha variante con fondos diferentes, pero non cheguei a tempo, queda para outro día
Publicar un comentario