Estou traballando nun deseño textil para o concurso de Spoonflower que ten por tema "Cosmic Voyage". O gañador deste concurso terá a posibilidade de producir as súas teas con Robert Kaufman, un fabricante moi coñecido, no mundiño textil, claro.
Polo pronto eu deixei todo o salón cheo de pingas de pintura e polvo de estrelas...Cando remate o traballo xa o mostrarei aquí.
2 comentarios:
Penso que facer galaxias é adictivo, va que si?
Uff non vexas! xa estou dandolle voltas a facer un mural ao bestia, votando brochazos nunha parede enteira...
Publicar un comentario