Esta fin de semana celebramos unha comida familiar polo cumpre do meu sobriño Román ...Fixemola na casa de Ferrol, na horta, na mesma horta pola que enredabamos de cativos. Cando nenos era un lugar de aventuras...A chamabamos a horta, pero era mais ben un xardín abandonado, salvaxe, que ninquén cuidaba...onde xa xogara o meu pai de neno. Agora so queda unha parte mais pequena pero está ahí..E a cuida o meu irmán Tin , por fin é unha horta de verdade e un bonito xardín...
E aquí está o ultimo detalle que puxo Tin no seu taller, unha chave inglesa vella a modo de manubrio para a porta...queda ben verdade? Coido que me gostaría mais pintada de negro ou mesmo enferruxada ..pero é que eu xa estou pasada de volta...estoulle collendo tirria a todo o que é reluciente e ten pinta de novo, e iso tampouco pode ser...
No hay comentarios:
Publicar un comentario