Onte estaba eu moi entretida e feliz nun recuncho coa agulla facendo ratiños cando o Meu. preguntoume ao pasar -E para qué fas todas esas ratas? Xa non me gustou nada que lles chamara ratas, porque vese ben que son ratiños feitiños e non ratas pelachas, pero non perdín a compostura e dixenlle que eran para a miña tenda etsy, para vender. Ah... e xa vendiches algunha ? A pregunta pareceume de moi mal gusto, porque cae de caixón que si fago os ratos para vender na miña tenda é que non os fago en realidade para vender, pero el -estou segura- non entendeu a miña explicación. Ai... estas mentes racionais! canta explicación necesitan!
Eu mesma, ao ver a morea de ratos que teño xuntado, apilados todos xuntos na mesa, a cantidade de monos estivados que teño, e todos os calcetíns atesorados a espera de facer novos monecos din en cavilar... e non estarei toleando? Despois tranquiliceime: si esta vai ser toda a miña tolería, tampouco parece perigosa...Pero ainda así , ando co run run na cabeza: .todo este afán por facer mais e mais monecos...qué sentido ten? Será sintoma de algo máis grave?
Pero o caso é que, cando os fago, síntome ben: parecenme algo sinxelo, bonito, util, -é un xoguete, ou non?- lonxe das enrevesadas voltas e argumentos cos que as veces tes que lidiar no dia a dia. Gostame traballar coas mans. Gostame pensar e facer os meus monecos e ademais, parecenme bonitos, e gustame velos aí, todos xuntos en ringleira, e gustame facerlles fotos para subir a tenda...e a quén lle importa?
E aquí temos un casteller fallido, tamén do V.
Aquí as propostas de Migui
Pois eso, o dito, cada tolo coa súa teima, e a miña xa está na tenda etsy de cousas pequenas!
Se alguén quere botar unha ollada a tenda, na barra lateral hai un enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario