Esta semana non houbo que deseñar unha tea senon un papel de regalo.
O tema do concurso é "Mittens" ou sexa mitóns. Eu penso que mais ben fixen luvas normais (os mitóns non son os que deixan os dedos ao descoberto?) Pero vexo que todo o mundo fixo o mesmo...
Esto de deseñar papel de envolver faime ir pensando nos agasallos do Nadal, que xa están a volta da esquina...
Ao mirar o deseño decatome que non se aprecia ben a idea. En teoría fai como bordado en punto de cruz sobre tea de saco, pero casi non se nota na foto. Coido que errei na escala do motivo...Ainda que se cadra, no tamaño real, vese mellor...non sei.
2 comentarios:
Vese pouco a textura das luvas, si, pero o deseño encántame, queda moito máis uniforme que o doutras veces, non se ve onde se repite o patrón... e gústame para tea, parecen florciñas :)
Si, estou mellorando co do rapport, que é a parte dificil. Mágoa que sen darme de conta quitei o deseño do concurso por error...Vou ver si o podo arranxar.
Publicar un comentario