domingo, 16 de junio de 2013

Festa da Istoria

Pois este é o cartel que presentei ao concurso da Festa da Istoria en Ribadavia.
Tampouco resultou elixido, outra vez será!

O cartel gañador é este que se ve aquí abaixo:



Un cartel de Javier Gálvez moi bo, cheo de vibrantes cores e moi alegre.

A verdade e que vendo o meu cartel e o gañador xuntos, agora vexo o meu un pouco tristón...Teño que traballar mais o tema da cor...
Noraboa ao gañador!

2 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Pois a min gústame moito o teu cartel, é doutro estilo, as cores son máis apagadas, pero véxoo igualmente axeitado. Se acaso vexo máis problema no texto, que está en demasiadas direccións e sentidos diferentes, e iso non facilita que sexa lido, se cadra simplificando e poñendo as frases de subtítulo no fondo. Para min arranxando iso un pouco o cartel é perfeto.

esther dijo...

Pois pode que teñas razón, agora que o dis vexo que as letras dan demasiadas voltas...
Vaise facendo e vaise aprendendo...gracias pola túa opinión!