Xa teño o meu toque de neón na decoración da sala!. Un dia vin un taco de post-it de cores fluorescentes e non puiden deixalo ir..O outro dia ocorreuseme un uso para o meu taco. Este é o meu primeiro experimento, pero teño xa en mente outras posibilidades...Pensaba que coa primeira ventoleira ía cair todo o tinglado, pero non, o inevento aguanta o tipo, aturou xa varias ventilacións x-treme na casa e non caeu nin unha folla...
7 comentarios:
Está xenial! e sempre lhe podes dar umha capa de cola branca ou similar para agharralas máis.
Umha cousinha... de onde é a lámina de "nunca choveu..." vinna hai días no pinterest e fiquei namorada!!!
Biquinhossssss
meni*
Ola meninheira!
A lámina de Nunca choveu é un deseño meu, e a teño á venda na miña tenda bigcartel, tes o enlace nun lateral do blog.
Qué bo!!! pois atopeima resenhada por alguém no Pinterest :D
Vouna pinnear e en canto poida, mércoche umha!!
Grazas Esther
biquinhos
meni*
As letras son azuladas verdade?
Em maio vai ser minhaaaaaaaaaaaaaa!!!
Estou tan contenta Esther, porque se xa me gostaba moito, saber que é túa, dálhe máis valor, vou ter algho teu na minha casa, paréceme algo precioso!!! :D
Biquinhosssssss
Letras azuis en dous tonos, un mas claro e outro mais escuro, si.
O fondo é unha tea de flores escaneada, non sei se ve ben na foto. Alegrome de que te guste, Meni.
envieiche un email hihihi
bicosssssssss
Publicar un comentario