martes, 2 de abril de 2013

blues





Na casa dos meus sogros hai unha boa colección de vinilos e un tocadiscos que  ainda funciona. Esta fin de semana aproveitei para escoitar vellas cancións de blues..., ata o punto de chegar a sentir morriña dun mundo que, sen embargo, nunca coñecín.
Sei que o meu sogro era - é-  un grande aficionado ao blues e,  nunha epoca na que non existía internet, nin youtube, nin spotify, foi quen de facerse cos seus enlaces para conseguir traer discos que aquí non podía atopar. 
Eu escollín estes, dunha serie chamada "House of the blues", porque me chamaron a atención as ilustracións, todas firmada por un tal Jean Vern, do que nunca oira falar.
 Intentei  saber algo mais sobre él e descubrín que foi un jazzman francés, que naceu en Saint Francois no ano 1940 e morreu no ano 1998, que ademias de tocar o saxofón, deseñou comics e ilustrou numerosas portadas de discos, como as que mostro hoxe aquí, e que pese ó seu grande talento está casi olvidado, mesmo na súa terra natal.
 
 

No hay comentarios: