O noso sobriniño naceu xa e tan liada estiven que non fun quen de pasar por aquí a deixar constancia de tan grande acontecemento!. O 3 do 3 do 13 chegou para xa se quedar nas nosas vidas un novo menbro da familia. Bicos, bicos ao neno, ao seu irmanciño e aos seus pais. E para acompañar a boa nova dunha imaxe mostro un dos bodies de bebé que fixen no curso de serigrafía, que foi con todo o meu cariño para el.
1 comentario:
Que curriño che quedou! :)
E que? Hasnos contar como che foi na feira? Eu ando argallando de ir a unha aquí cunha amiga... a ver en que queda, polo menos de ir pasalo ben, non é? :)
Publicar un comentario