viernes, 29 de marzo de 2013

Mercadillo

En Santiago os xoves hai feira.  Ainda que eu son asidua ós mercadillos, normalmente aquí non podo ir, porque estou no traballo. Hoxe é xoves e non teño traballo, así que pareceume boa idea ir dar unha volta.

Disfrutei da visita, ainda que como sempre nesta cidade, foi un paseo un pouco pasado por auga. Aquí vai un pequeno resume da visita...queda claro que é o que me tira non?

 

 
Esa especie de campamento blanco que se ve ao lonxe é o mercadillo. Agora está ao lado do parque de Salgueiriños. É unha mágoa que se puxera a chover forte, tería sido un agradable paseo...


 
 
 
 

4 comentarios:

Unknown dijo...

El mercadillo parece interesante, muy bien surtido. Además pudiste dar un paseo entre la hierba fresca...lástima la lluvia!
Creo que necesitamos una buena dosis de primavera!

esther dijo...

Si por favor!

teresa dijo...

Eu tamén estiven nese mercadillo e teño unha sospeita, cóntoche: achegueime a un posto que parecía un bazar vintage no que merquei unha macetiña vermella e unha moza veume preguntar se esa macetiña non tería moi pouco fondo para unha planta, total que paguei e marchei dalí e logo penséi “Esa muller que parecía gozar tanto revisando cada cousiña que sacaban da furgoneta, non sería Esther?” pois aquí sigo coa dúbida, salvo que queiras decirme se fuches ti ou non.
Por certo, eu tamén pasei polo posto-mercería, non me podo resistir aos seus colorinchos. Grazas por publicar esas fotos tan chulas.

esther dijo...

Ola Teresa!
Pois non, penso que non era eu, ainda que pasei polo posto que dis, non falei con nadie.

Se queres saber a pinta que teño, por si algunha vez cruzamonos pola rúa, podesme ver nun video que fixo Teofila Ruiz, a nosa profesora do curso de serigrafía para a súa web. Deu a casualidade que as alumnas que tiña alí cando se grabou o video eramos Bea e mais eu, e quedamos inmortalizadas como serigrafas para sempre xamais.
A muller de jersey negro é Teo, a nosa profe, e as alumnas somos as que levamos a bata branca. Eu son a que leva os pantalóns vaqueiros, a outra, con pantalón negro, é Bea.
O video do que te estou a falar podelo ver neste enlace:
espazo serigrafico do parana