lunes, 11 de marzo de 2013

Cada quén fala da feira...

Con tanta emoción nestes dias, que foron moi intensos, esquecín facer a crónica da miña experiencia na feria de artesanía...Pois aí vai.
O sitio que nos tocou era moi malo, nun extremo da feira polo que case naide pasaba.Cando eu cheguei, xa era moi tarde, e quedei ao cargo do posto na ora de comer que é a pior...O sitio era moi estreito e pasaban os coches as miñas costas e  xente con moita presa por diante... En fin. 
Eu constatei que o meu non son as vendas, e que unha vez feito o traballo, e colocado dun xeito bonito, non teño moito  mais que engadir ou aportar. Descubrín, pola contra, que a miña irmá é un animal escénico da venda, que se crece xusto cando eu encollo, no momento de mostrar e promocionar o produto ...
Asi que grazas a ela, e maila estar nun sitio tan malo, fumos vendendo monos, fulares e mesmo un papagaio , pero o certo é que todas as ventas (menos un par de macacos)  foron a xente coñecida. .Vin que as miñas cousas gostaban, pero non disfrutei tanto como esperaba da experiencia de vendelos. Cando alquén os miraba con bos ollos e dicía que bonitos! tiña que controlarme para non regalarllos, e outras veces, vete ti a saber por qué,  había xente a quén non me pedía o corpo venderllos. Ademais quedei coa dúbida de si a xente mercaba porque coñecía a miña irmá ou porque querían e apreciaban as cousas. Así que en resumidas contas, eu cheguei a miña casa moi cansa e cun sabor agridoce...

Ao dia seguinte chamoume a miña irmá para comentar a xogada e estaba eufórica. Parecíalle que tiñamos arrasado e non dubidou de xulgar o asunto como un éxito total.... O de que compraran os coñecidos considerouno normal: eu non lles puxen un coitelo na gorxa, compraron porque quixeron! 

En fin, á vista desta analise, fun subindo un pouco a moral. e vendo a cousa doutro xeito... A miña irmá deume diorectrices moi claras.. os monecos rosa ten moita saída e o mais demandado, os negros e grises menos. Fai cores mais alegres, compran mais as nenas. Cose mellor as patas dos elefantes: tiven algunha queixa dunha patiña e unha orella que estánse a desprender. 

Ao final, contaxoume o entusiasmo, e xa estou a facer mais monos...non sei si a miñá irmá terá tantos coñecidos como calcetíns comprei,  así que a próxima vez será a proba definitiva...



Aquí está o novo lote de calcetíns á espera de se converter en mais  monecos. Estes das meniñas que atopei son que ni pintados para facer algo con eles...Por fin atopei unha excusa para ir osmar na zona de nenas das tendas!

No hay comentarios: