jueves, 31 de enero de 2013

xaneiro: feito!

A principios deste ano fixera un propósito para cada mes, coa idea de motivarme un pouco para rematar os mil proxectos que teño empezados. O mes de xaneiro tocoulle o turno a uns coxíns para o noso banco-estantería. Xa tiña os recheos, así que a cousa foi facerlle as fundas. Aproveitei teas que tiña por casa, e especialmente unha de cadriños verdes, de vichy que chamaballe miña nai, que era dunhas colchas das camas que tiñamos miña irmá mais eu cando eramos  nenas.




A tea de cadros tiña un remate ao bies que aproveitei para usar de cordoncillo, polo simple método de meterlle un cordón as bravas. En fin, cos seus defectiños e chapuzadas, aí está, feito...Agora solo queda porlle os libros de novo

3 comentarios:

♥ meninheira ♥ dijo...

Que bonita que é esa bancada, recordo cando a compraras no Reto :)

Biquinhoss
m*

esther dijo...

Ola meninheira! Si, canto tempo.
Por certo o outro dia escoitei unha noticia sobre unha sentenza a favor duns pais que educaban os memos na casa, e lembreime de tí...Boa noticia para esa familia e para toda a comunidade homeschooling!

♥ meninheira ♥ dijo...

Que bonito que te acordaras de mim Esther :) O ano pasado tivemos umha sentencia favorável na Corunha, este ano outra em Vigo e agora estamos esperando que as tres familias que temos intervidas en Ourense tamém tenham sentencias favoráveis.

Estivem moito sem bloggear e agora voltei, mas noutro blogue (aínda que leva o mesmo título, non che son nada orixinal).

Um biquinho moi grande
meni*