Os sábados pola mañán teñen para mín un encanto especial...Queda a fin de semana por diante, con todas as súas promesas...aínda que despois non fagamos nada. Estamos todos xuntos, pero cada quen a facer o que mais lle peta, a ritmo lento, sen prisas nin agobios....A verdade, o único que nos fai saír da casa os sábados pola mañán son os partidos dos nenos.
Ten o seu punto ir ver un partido de baloncesto de nenos de 8 e 9 anos... As xogadas non son da NBA, é certo, e as veces parece que pasan mais tempo no chan, rifando pola pelota, que botando ou tirando á cesta, pero a emoción non é menor. Alí xuntamonos un montón de pais e nais entregados e os adestradores dos nenos, e os mesmops árbritos... rapaces que adican o seu tempo libre a isto, sen recibir mais compensación, as veces, que as cariñas atentas e cheas de emoción dos nenos...
A verdade, o que leva os nenos aos partidos, normalmente, é o seu pai. Coñece a cada xogador polo seu nome e pode dicir as súas características mais salientables, si tivo un bo ou un mal día e si mellorou as súas puntuacións respecto do partido anterior. Segue a evolución do equipo coma si foran os Lakers... Eu apenas podo dicir en que categoría xogan, e non sei o nome mais que de tres o catro xogadores do equipo. Normalmente, mentres eles van ao partido, eu aproveito para as miñas escapadas a Reto ou vou facer a compra: non quero porme medallas que non me corresponden. Pero onte tocoume a mín levalo, e disfrutei do partido e do paseo ata o Pavillón Lorenzo de la Torre, onde xogaban. Polo camiño aproveitei para facer algunha foto de grafittis e pintadas...
Estas son outras que fixera xa hai tempo, en Ferrol. A verdade é que xa teño unha boa coleción de pintadas e grafittis...algún dia hei poñelas todas xuntas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario