lunes, 7 de enero de 2013

Doce retos para doce meses.

Os primeiros dias do ano hai certa tendenza a facer resumo do feito no ano que pasou e listas do que se pensa facer no ano que comeza...Eu pasei un rato cavilando, e tiven a sensación de que este ano foi un ano perdido, no que non fixen nada digno de mención...e que simplemente pasei o tempo esperando que pasara o ano...Así que repasei o meu blog, para refrescar a memoria....

Mentras repasaba o blog ía pensando na cantidade de cousas que comezo e que nunca remato,  o exceso de pulo que teño  para iniciar e a falta de determinación que manteño para concluir, así que ocorreuseme facer este planning anual, un compromiso comigo mesma para cada mes,  coa idea de  rematar cousas que teño comezadas ou facer algo con cosas vellas que gardo á espera de facer algo con elas algún día.

Como o exito dun reto deste tipo consiste en facer previsións realistas, non vou poñerme o listón moi alto, precisamente porque teño a intención de cumprir o trato. Así que hai vai o meu compromiso para o 2013:

2013 MES A MES
XANEIRO: Rematar os coxins para aquela estanteria

FEBREIRO: Si!!! tocoulle o turno a miña alfombra trenzada! O queda rematada neste mes, ou desfagome dela....uuhhh, que tensión! precisamente no mes mais curto do ano!
 MARZO: Toca arranxar e persoalizar lámpadas de papel. Aquí van incluidos a miña colección de moldes de madalenas e de filtros de café 


ABRIL: Tocalle o turno a miña colección de corazóns serigrafiados.


MAIO: A ver que se me ocorre para facer con todo esto:



 XUÑO: A ver que podo facer coa miña coleccion de panos


XULLO e AGOSTO: Tema libre, ou o que apañe polas praias, se chegamos alá


SETEMBRO: Basta xa de carrexar  cortizos!




OUTUBRO: Que tal facer algo cos cartóns de ovos que ainda gardo?




NOVEMBRO: Toda a miña reserva de teas de tapicería ten que ir saindo para que entre outra nova. A ver o que podo facer.

 DECEMBRO: Si cheguei ata aquí, ven poderei facer algo con isto!


O último dia do mes teño que mostrar o traballo feito!

Vou xa a polos coxíns, que xa vai alá unha semana enteira do mes e ainda non empecei!

2 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Uau! Pois eu penso en min mesma (antes do bebé) e paréceme un proxecto ambicioso, pero o meu propósito do ano pasado de rematar os ufos deume moi bo resultado, así que anímote infinito, aínda que non puideras ilo cumplindo mes a mes eu diríache que non te desanimes e que non comeces co seguinte ata rematar o proxecto inacabado anterior. :)

E cos puños das camisas eu fixen unha chea de servilleteiros... a ver se os poño no blogue para que os vexas.

Que sexa un ano ben produtivo!

esther dijo...

Gracias! Noraboa polo bebé, é precioso!