Este sabado foi o primeiro do curso que estou a facer no taller de serigrafia de Teofila Ruiz. Estou encantada e desexando que chegue o próximo sábado... Gustame moito
a profe, o taller e as miñas compañeiras. Solo somos tres alumnas, unha
delicia de mañá de sábado!
Esta é a miña primeira pantalla, xusto para probar como se fai un fotolito, como se bota a emulsión e como se prepara para imprimir. Aproveitei unha blonda de pastelería en forma de corazón, en positivo e en negativo, un debuxo dunha rosa e un debuxo duns peces que xa tiña feito na casa. A ver como queda, o proximo sábado xa vou pasalos a unha tea, xusto para probar.
aquí vou, canturreando e facendo fotos, camiño do taller:
1 comentario:
QUE SORTE!!
pmn
Publicar un comentario