domingo, 4 de noviembre de 2012

pinterest

Creo que xa falei algunha vez do meu enganche co Pinterest...recomendoo a todo o mundo!
Hoxe apeteceme compartir algunhas imaxes do meu taboleiro "Inspiración ilustración". A mín dame moitos ánimos. De cando en vez doulle un repaso as imaxes e levanto da silla con forzas renovadas para facer cousas  Levo xa creo que uns 300 pins, (so neste taboleiro, teño mais) e cada dia atopo cousas novas que van unirse as outras.

Deseñado por  Helen Dardik, preciosas teas!
Precisosos monecos de papel feitos por María Dubrovskaya
Do libro de lembranzas de Susanna Bauer : Trans-Planta N º 3, follas de magnolia, fío de algodón 

Fulvio Bisca: serie The Rose Has Teeth in the Mouth of a Beast

Kristiana Parn, podese atopar o seu arte na súa tenda Etsy
So cinco de trescentos, a que apetece ver mais? Vou levantar de aquí e coller un lápiz...Vémonos outro día.

(Post post:  Este post vai adicado o meu amigo EBy+, que onte tivo unha pequena festa (sorpresa)  na que eu non puiden estar (co corpo, que si co espiritu) )

No hay comentarios: