viernes, 19 de octubre de 2012

Regalo para o meu sobriño

 Por estas datas naceu o G. hai dous anos...E este canciño  é o regaliño que lle imos facer...ssshh...Coma sempre estes regalos aos sobriños e aos fillos van sendo os meus prototipos para a tenda...Lástima de non ter mais tempo, teño a cabeza cheia de ideas ...e a casa chea de teas... Aquí o temos dandonos a patiña
 E aquí en posición de ataque, e un canciño moi valente.
Aquí esta xa listo para meter na caixiña, coa miña tarxeta da tenda, para que non se diga...
E algunhas  imaxes do proceso e algúns detalles, por si alguén se anima...Ao final os circuliños dos pés sustituinnos polos cortizos. A miña idea era porlle unha rodiñas tamén pero ao final decidín que mellor non.





No hay comentarios: