Esta é a miña proposta de deseño de tea para o concurso da proxima semana de Spoonflower. O que pedían é un deseño de tea que imite o traballo dos tradicionais quilts en zigzag ou de liñas quebradas. As cores non me convencen de todo, pero xa está, mandeino.
Por certo xa están elixidas as teas gañadoras do concurso semanal que tiña por tema o camping. A miña proposta obtivo 100 votos! Moi lonxe aínda da puntuación gañagora, pero moito mellor que o que saquei na anterior dos avionciños (59 votos)
Vemonos o luns (se cadra)
No hay comentarios:
Publicar un comentario