Eu sigo coa teima do deseno textil, deume por aí. Como son autodidacta, vou de erro en erro cara ao desastre final, pero estou aprendendo moito polo camiño.
O concurso de teas de esta semana de Spoonflower ten como tema o "Camping". Pensei que unhas cantas esceas bucolicas estilo as vellas toiles de Jouy, como estas, podían quedar ben. E esto foi o que fixen (creo, porque teño tantos arquivos repetidos que xa non sei o que subín)
Esta é a combinación básica para o fat quarter
Estes son algúns dos bocetiños que fixen para montar a miña toile. Si o miras moi perto vese a chapuza bastante, pero ao reducir e combinar os motivos coido que da o pego.
E xa non tiven tempo para facer moito mais ...esto de un concurso de teas cada semana e moito para mín...Por certo, no concurso pasado dos avioncitos obtiven 58 votos!, e ademais algun comentario favorable de outra participante. Estou orgullosa. Ademais a tea gañadora (que tivo mais de 400 votos) foi un deseno polo que votei eu!
No hay comentarios:
Publicar un comentario