Esta tarde adiqueime a crear unha colección de teas. Usei aquela impresión dunha anduriña que fixera hai tempo dunha goma de borrar e fixen varias combinacións. Penso que saíron uns deseños bonitos para tecido ou papel pintado ou para papelería... Polo menos a mín gostanme. Para empezar, mellor o mais sinxelo, distintas combinacións do mesmo debuxo e colores variados.
Para definir os colores guieime polas cores da tinta. Vounos subir a spoonflower, ainda que pode que barulle todo o esquema da cor...cambian tanto ao trasladar os arquivos!
O deseño que fixe para o concurso do quilt en zig-zag tíveno que modificar. Ao subilo a spoonflower cambiaronse as cores e chirriaba...Esto da cor é todo un mundo.
(Ramón, observarás que esta vez estiven atenta e puxen deseño con ñ)
1 comentario:
:)
ramon
Publicar un comentario