jueves, 23 de agosto de 2012

camisetas vellas ...a saga sigue

Estes dias ando un pouco descentrada... As miñas vacacións xa remataron hai tempo, pero a rutina diaria, aínda non se asentou. Ando de aquí para alá sen acougo, en modo espera,  botando xa en falta  un pouco de orden nas nosas vidas. 

Estes meses de verán non tiven moito tempo nin ocasión para ter o blog ao día.., nin tampouco, as veces,  gañas de facer cousas e moito menos de facerlles fotos para o blog...Pero  penso que, aos poucos, hei recuperar o pulso. 

Para ir collendo arrincada poño aquí unha cousa que se me ocorreu para a aproveitar as pezas sobrantes das camisetas vellas que uso para facer isto ou isto outro  ou aquelo.





Penso que  estas bolsiñas para os zapatos resultan moi útiles para meter na maleta, mantendo sempre xuntiños os dous zapatos de cada par. O unico que hai que facer é coser (coa camiseta do revés) a zona cortada e as mangas, e darlle a volta, para ter unha bolsa pechada. O colo da camiseta fai  a entrada da bolsa. É ultra fácil e penso que moi practico.

Así, con isto, a camiseta vella ven disputarlle o trono  ao mesmísimo  porco, do que, como todo o mundo sabe, aproveitase todo.

3 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Ostrás que ideaza! Encantoume!

esther dijo...

Ola Raquel! Canto tempo hai que non falamos...

Os Tartarouchos dijo...

Si, coido que andamos as dúas igual... medio desaparecidas, pero hemos volver ;)