Un rabisco feito nunha libreta calquera, nada mais...
Esta que pasou foi unha semana complicada, cos nenos enfermos e moito que facer. O sábado e o domingo non estivemos na casa, así que non tiven moito tempo de pasar por aquí. A ver si esta que comeza podo acougar un pouco...
2 comentarios:
Ben chulo Esther! A verdade é que tamén o son os anteriores pero a miña fobia ás serpes non me deixou observalos moito. Tiña eu un profesor de debuxo que sempre dicía: "aquel que debuxa con bolígrafo ten moito mérito, cada liña que faga tena que facer ben" Parabens unha vez máis!
Por certo, hoxe descubrín unha entrada túa do 1/03/2010, na que falas sobre a mercería da rúa das orfas, non daba crédito, eu escribiría exactamente o mesmo, non cambiaría nin unha letra. As mesmas experiencias comprando alí, a mesma apreciación sobre a señoriña, os mesmos soños sobre coller a tenda con todo aquel arsenal de colores dentro e darlle saída...
Cando paso por alí, aínda me achego ao cristal e bótolle un ollo, por entre as láminas daquela persiana verde, ás cousas alí abandonadas, entón a xente que pasa mírame un pouco desconfiada, non poden imaxinar canto daría por comprar un lote daquela mercadoría! Xa me conformaba con iso.
Pois si, que será de todo aquelo!
Publicar un comentario