martes, 28 de febrero de 2012
Os rabiscos do luns
Coido que o luns pasado esquecín poñer o meu rabisco. Onte tampouco, así que hoxe, martes, deixo uns cantos debuxos que tiña por aí feitos...a ver si collo disciplina co blog ...e co demais tamén, que estou feita unha badulaque...
martes, 21 de febrero de 2012
Ánimo Carmen!
A foto saqueina de aquí |
Estas flores van adicadas a unha moi querida compañeira de traballo que está no hospital estes dias. Un bico Carmen, cuidate, descansa e ponte ben, que te botamos en falta!
(Nota entre nos: polo ED non te preocupes o traballo xa estaba feito , xa o entreguei e agora toca esperar, ti tranquila, descansa e ponte ben que é o que importa)
miércoles, 15 de febrero de 2012
martes, 14 de febrero de 2012
San Valentín
O día de San Valentín sempre foi unha data moi celebrada na miña casa. Valentín chamábanse o meu avó e o meu pai. Valentín chámase un dos meus irmáns e un dos meus fillos. Este ano foi un pouco diferente.
Ese é o Camelio do meu pai, marcamolo con esa cadea. A idea foi de Tin. Buscou por todas partes ata dar con unha que lle gostara. Esta era da áncora dun barco. Os números fixoos o meu tío Carlos (baixo a súa supervisión) . Son as datas 1937-2011.
lunes, 13 de febrero de 2012
Os rabiscos do luns
Un rabisco feito nunha libreta calquera, nada mais...
Esta que pasou foi unha semana complicada, cos nenos enfermos e moito que facer. O sábado e o domingo non estivemos na casa, así que non tiven moito tempo de pasar por aquí. A ver si esta que comeza podo acougar un pouco...
lunes, 6 de febrero de 2012
Os rabiscos do luns
Os meus fillos pequenos son uns fans dos meus rabiscos, cheos de serpes e mazás...pero eu coido que este xa vai ser o último co tema da árbore
sábado, 4 de febrero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)