Algunhas ideas para regalar no Nadal, por poucos cartos , para facer un mesmo, sen complicarse moito, aproveitando cousas que hai por casa...como por exemplo...
Unha arbore de Nadal portátil
Fixen a primeira cando naceu meu sobriño Uli, que naceu case que en Noiteboa hai xa cinco anos, para que a miña irmá a puxera sobre a mesiña do hospital. Tamén caeulle algunha as miñas primas viaxeiras, para que a poideran meter no fondo da maleta e tiveran un anaquiño do Nadal alá onde estiveran..Mais facil de facer non pode ser, e queda ben ainda para as mans mais chapuceiras...eso si fai falla unha máquina de coser.
O material necesario é un cartón calquera e un pouco de feltro verde, ou mellor pano de lá , coma os tapetes de xogar as carats. A explicación nas imaxes seguintes.
É mellor que a árbore teña forma redondeada, logo ao coser os bordes co cartón dentro, resulta mais doado. Non importa acertar moito co borde, despois pódese recortar a silueta cando xa está cosida a tea:
No hay comentarios:
Publicar un comentario