Algunhas ideas para regalar no Nadal, por poucos cartos , para facer un mesmo, sen complicarse moito, aproveitando cousas que hai por casa...como por exemplo...
Un bastidor de bordar con algo enmarcado
Este xeito de mostrar algo o vira por primeira vez, xa hai tempo, con mostras de tecidos bonitos, na casa de Amanda Soule (Soulemama, un blog que adoito seguir) e deronme ganas de facer algo parecido. Penso que a idea pode estenderse a moitas cousas, pero é moi axeitada para mostrar o debuxiño dun neno feito sobre tea. Neste exemplo eu copiei un debuxo que tiña dun dos meus sobriños, agora non lembro de cal, que conservei porque me molou e o paseino a unha camiseta de algodón vella. Pero pode facerse o mesmo cunha frase, ou un poema ecrito sobre tea, unha foto transferida, un bordado que se quere conservar dunha peza vella que sei eu, mil posibilidades.
Os marcos de bastidor vendenos soltos, sen pé, en calquera mercería e os hai de moitos tamaños. Faise con eles un marco para colgar na parede moi xeitoso. Este en concreto custou 3,50 €.
No hay comentarios:
Publicar un comentario