viernes, 9 de diciembre de 2011

Cousas que ando a facer estes dias

Teño a casa agora mesmo como a fábrica de papá Noel, so que sen os gnomos a me axudar, je, je...

Nestas datas sempre  fervo de actividade porque teño por costume facer moitos dos regalos do Nadal eu mesma en plan caseiro , e ademais agora tamén fago cousas para as miñas tendas (chúpate esa Amancio Ortega).

 Aproveitei estes dias  festivos para darlle pulo os meus traballos e, coma de costume, en vez de ir rematando algún, comecei outros novos...En fin

Pensando en esto dos pequenos agasallos do Nadal, ocorreuseme que estaría ben para mostrar no blog nas dúas próximas semanas  unha serie cunha idea diaria para facer regalos por menos de 5 €, que é a miña especialidade...Vou darlle voltas ao asunto, non vaia comprometerme a algo que logo non sexa capaz de facer...Non por as ideas, que sumando cousas que xa fixen algunha vez, con cousas que xa tiña no maxín facer, danme para mais de vinte, senon por que me dea tempo para facer as cousas en sí, facerlles unha foto e subilas ao blog, unha cada dia, ni mais nin menos! Pero como levo tanto tempo sen retos, parece que os voto en falta, así que  voume lanzar!

Esto é no que ando a traballar agora mesmo:


 E este é o mini obradoiro que me montei nun recunchiño da sala. No estudio onde temos o ordenador non hai boa luz pola tarde, que é cando eu podo traballar, así que decidín buscar un sitio para montar os meus bártulos, que o estudio xa é como a casa de tócameroque, sempre cheo de xente .

A este curruncho chega ata a última raiola, (cando haina). Ademais, ao estar na sala, síntome obrigada a telo ordeadiño e mono, e sempre, logo de traballar,  o deixo recollido, como debe ser.


2 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Pois a min a idea encántame, aínda que sexa ponnos unhas cantas cousiñas... eu fago de agasallo fotos cada ano e o ano pasado probei os calendarios personalizados e foron un éxito, pero este ano non me puxen aínda, así que sospeito que xa non me vai dar tempo, ando arrastro con todo...

esther dijo...

Si, vouno facer, o que non sei se chegarei a facer unha cada día...o que me dea o tempo que non son eu moito de andar estresada!