Xa teño preparadas, mentras vou rematando os bolsos (para etsy) , unhas postais moi chulas para a outra tenda ( a de bigcartel).
Son pequenos lotes de 4 ou 5 tarxetas, nun papel de gran calidade, con imaxes dalgunhas das miñas fotos (están todas en flickr) agrupadas por temas, por unha cara, e pola outra, co deseno da cabeceira do blog. Teñen as medidas e características típicas das tarxetas postais. Teño varias series, so unha de cada tipo. A min encantanme, son tan brillositas! Aquí pode verse unha primicia:
Estas son co tema do Nadal, son cinco distintas:
Estas son co tema da Coleción do luns, tamén cinco diferentes:
Aquí van os cinco carteis que teño á venda, en pequeniño:
O outro dia preguntabame un cuñado meu -e sen embargo amigo- ¿ e por qué tes dúas tendas? ¿non chegaba con ter unha? A verdade é que non souben dicirlle moi ben por qué. Simplemente que pareceume mellor así.
Nunha tenda (Bigcartel) tiña pensado centrarme no deseño grafico, na ilustración, no debuxo, na pintura...Nas cousas que me gusta facer desde que era unha nena ben pequena... Na outra, (Etsy) a intención era centrarme mais na afición mais recente, na que ainda estou a empezar, que é a costura e o de facer cousas con teas e fíos...ou o que atope por ahí!
En realidade non son cousas tan diferentes, nambos casos trátase de facer cousas bonitas (alomenos para mín) a partir dunha idea ou dun material, mellor si o material xa o teño por casa e podo transformar algo inservible, algo que está de camiño ao lixo en outra cousa...
Poñer as dúas aficións por separado en dúas tendas pareceume unha boa idea para axudar a ordear a miña cabeza, un pouco caótica, e a que non parecera todo un batiburrillo sin un fio conductor...Ao final, ando a mesturar todo e o único fio conductor que podo atopar e que teño mais ideas que tempo e mans para convertelas en realidade, pero non me importa moito. Vou paseniño, e si non podo facer as marabillas que teño na cabeza, fago outras , ou aproveito o que xa teño feito.
A tenda é so un pasatempo, un escaparate (virtual) para mostrar dun xeito ordeado as cousas que vou facendo...que por desgracia, son ben poucas, porque non teño moito tempo neste intre concreto da miña vida. Pero ter este recunchiño de escape dáme un respiro no bulir diario. Traballar nas cousas que me gusta facer é a forma de relaxación que mellor vai comigo. Cando estou a facer estas- vamos chamarlles chorradas- asubío, canturreo e estou de bo humor. Cando non podo facer estas pequenas cousas, faltame algo. Ir de compras, ou de paseo ou estar tumbada no sillón vendo a tele estrésame moitisimo!
Non sei se xa comentei que agora cambiei o meu horario do traballo...No que mais o noto e que agora cando chego a casa, e podo poñerme ao meu, xa non teño boa luz natural...E eu, sen luz natural, non son naide.
Mañá, cando teña mellor luz que agora vou facer outras fotos dos lotes de postais e se cadra unha mostra das imaxes de cada lote e subilas á tenda. Hoxe non deu para mais. Vou facer a cea. Ata mañán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario