miércoles, 23 de noviembre de 2011
na tenda pronto
Nestes bolsos ando a traballar para a tenda, feitos a partir das teas da miña colección de mostrarios de tapiceria e cintos vellos de home. Gostame o aspecto gastado e usado do coiro...
As cousas van mais lentas do que me gostaría, pero como sempre, eu, no meu mundo ideal, fago as miñas previsións, e a realidade, que é moi tozuda, fai outras.
De todolos xeitos penso que nun par de dias os bolsos estarán rematados e listos para subir á tenda. A min gostanme moito. Cando estean listos xa os mostrarei.
Logo desta primeira tanda, teño pensado facer mais cousas, todas diferentes...Teño mostrarios para entear a muralla china!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Qué bonitas! Teñen o teu estilo particular, o cinto lles dá o toque :)
Eu tamén ando a argallar últimamente cos mostrarios e retallos, a ver que sae.
Publicar un comentario