Chegou o gran dia, así que inauguro a miña tenda Etsy. Xa está aberta e podedes pasar a botar unha ollada aqui: www.etsy.com/shop/CousasPequenas.
De momento, adiqueime mais ben, como quen dí, á decoración do local, a poñelo a punto e a facerme coa mecánica da tenda, o que se di, mercancía, aínda non teño moita, hei ir subindo cousas pouco a pouco...pero apetecíame manter esta data tan sinalada.
A tenda etsy vai estar mais adicada a monecos e cousas de costura e a de big cartel mais centrada en deseno gráfico... por qué? pois non o sei, a verdade.
Este é o banner que fixen para a tenda etsy... Espero que os meus textos non resulten definitivamente incomprensibles.O meu inglés é o que lembro da escola, así que xa vos podedes imaxinar...Se cadra o da tenda motivame un pouco para practicar mais. Si alguén ve un gazapo gordo agradecería que mo dixera..Aquí os correctores que teño pola casa non están por botar unha man, tan so escoito risitas e comentarios tipo ...parecen as instruccións dun aparello coreano...
PROMOCIÓN ESPECIAL DE INAUGURACIÓN !
A persoa que deixe un comentario neste blog entre as 11 e as 11:11 no que queda de semana recibirá de regalo o cartel ou o debuxo que elixa dos que teño (ou tiven) en venda en calquera das tendas.
Boa fin de semana!
3 comentarios:
Non me deixa facer comentarios o aparato este, a ver se agora...
Pois a min tampouco me deixou hai un momento. Non sabía que daba problemas...
Se cadra non teño ducias de comentarios por eso, je je!
Como houbo problemas técnicos, vou contar que o teu comentario entrou na franxa da promoción inaugural, así que sexas quen sexas, tes un cartel o lámina para elexir, si o queres...
Pinchando no meu perfil podes ver como contactar comigo.
Parabens unha vez mais, Esther. Iso si que é forza de vontade. Voltarei con máis calma pola túa tenda, aínda que, non sei como me vou entender, eu son de francés (e pouco)pero xa amañaremos.
Estes días foron un pouco complicados e non puiden pasar por aquí pero hoxe tomarei unha birra para brindar polo teu éxito.
Sen que te sintas presionada, esperamos novidades!
Publicar un comentario