Estes dias ando moi liada. As miñas rutinas domésticas cambiaron moito nos dous últimos meses, teño un horario de traballo distinto e dispoño, en conxunto, de menos tempo que antes para adicar as pequenas cousas que adoitaba facer... Eu tiña a idea de darlle un novo pulo a miña tenda Cousas pequenas a partir do dia 11 no que pensaba abrir, seguindo os meus ambiciosos plans de expansión empresarial a tenda en ETSY, para engadir a que xa teño aberta en Bigcartel ...pero non puiden facer, ata agora, casi nada do que eu tiña pensado...Pensei en retrasar a cousa, pero que queres, a data 11-11-11 chámame como imán e vou mantela... Así que agás desastre maior a inauguración da miña tenda ETSY será o venres.
Unha das cousas que estame costando manter é a miña rutina de "Os luns: apunte do natural". Unha porque os luns teñoos movidos e cando podo sentar un momento xa non teño luz natural para pintar e moito menos para facerlle unha foto despois ao que pinto...Resistome a comenzar a semana sin esa tarefa do luns, pero se cadra, vou ter que facer trampa e debuxar o apunte do natural o o domingo pola máña para mostralo o luns.
Esto que mostro é unha parte da miña colección de mostrarios de teas de tapicería. A maior parte dos mostrarios conseguinos de golpe nunha subhasta en ebay xa hai tempo, e fun completandoa con pezas de aquí e de alá. Xa non teño moito sitio na casa para acumular mais mostrarios, pero dame mágoa desfacerme deles, porque as aprecio moito, así que pensei que facer cousas para a tenda era un destino axeitado para eles.
A miña idea é ir facendo distintas cousas con esas teas: monecos, bolsos, eu que sei, o que a tea pida, como diría o outro...
De momento, o que teño feito son estes loros, que xa tiña o patrón d uns disfraces de pirata para os nenos. Si son quen de completar outras cousas para o venres está por ver...en todo caso, a tenda quedará aberta e pouco a pouco iré enchendoa das miñas cousas pequenas.
1 comentario:
Menuda colección! Dióxenes vaise facer amigo nos, verás :D
Os papagaios encántanme, xa estou desexando ver que máis cousiñas aparecen pola tenda :)
Publicar un comentario