martes, 20 de septiembre de 2011

tartaruga

 Esta tartarugiña fixena o outro dia para a neta de María, Isabella, que naceu a semana pasada...O patron é do libro Bend the rules Sewing, de Amy Karol, que teño na casa hai tempo, e co que collin o puntiño de darlle a máquina de coser, porque ten moitas cousas que un principiante pode facer..


Esta é a parte de abaixo. Penso que a tea da cabeza quedaría mellor ao revés, coa parte que quedou abaixo cara arriba.
E estes son os patróns. A parte que fai a cuncha cortase sobre a tea dobrada. Da forma das patas, cortanse 8 pezas, da parte de arriba da cabeza dúas. Da parte de abaixo da cabeza 1. Da barriga, dúas, que coses ao  final porque é por onde recheas.

Aquí están as pezas xa cortadas:



No hay comentarios: