martes, 6 de septiembre de 2011

Spoonflower

Creo que xa falara  algún dia de Spoonflower, ou non? 

É un sitio no que podes deseñar as túas propias teas. Ti mandas o deseno e eles fabrican a tea, no tipo de tecido base que queiras. Se queres, podes mostrar o teu deseno, e poñelo á venda alí mesmo, (levas unha participación nas vendas e paganche en spoondollars je je) ou, se non queres mostrala nin poñela á venda, simplemente encargas a tea para tí. 

Eu xa hai moito tempo que tiña ganas de subir algún deseno, pero como pasa sempre,  nunca teño tempo.  Hoxe, por fin, decidinme. Teñen un concurso semanal e coincidiu que o tema desta semana (páxaros, cunha paleta de cores reducida e prefixada) coincidía bastante cun deseno que fixera, un pouco por xogar,   en xullo,  un dia que chovera moito na illa. Así que alá foi o meu primeiro deseno ...a ver como queda nunha tea...Teño que investigar mais o mundiño este, penso que é apaixoante. Esto é o que mandei:



Paga a pena pasar por Spoonflower e curiosear as teas que teñen, e, si alguén se anima subir algún deseno pois veña, ánimo...A min é que as teas fanme tolear...como me gusta miralas e tocalas...

2 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Eh! Que chulos os teus paxaros! Se soubera eu tamén facía algén deseño para as teas, de momento estoume quitando de mercar, a ver se vou facendo cousas co que teño pola casa, qeu xa é abondo :)

esther dijo...

Si, pásame o mesmo, como non faga cousas con elas eu xa non teño onde almacear mais...Xa desbordei o sitio que me toca a mín e estou empezando a encher a casa de bolsas con teas e roupa para "reciclar" ...De momento fago coma tí, non mercar mais...