Esta é unha xarriña que mercara en Reto hai tempo. Non me convence moito o boceto, pero sego a disciplina que eu mesma me marquei: cada luns facer un apunte rápido do natural.
Por certo, HOXE 5 DE SETEMBRO ABRE A TENDA "COUSAS PEQUENAS"
O poño así, a modo de noticia, para darlle mais bombo ao asunto.
A tenda xa está aberta. Na barra lateral deste blog está a súa porta, clickando nela pódese entrar. Tamen aquí: cousaspequenas.bigcartel.com
Si a tenda fora real e non virtual, podería ver as caras da xente que se parase ao pasar por diante da porta, e sorrir a alquén que, se cadra, entrase na tenda, e animalo a curiosear, e mesmo preguntarlle, ¿gustache a cor das paredes?..pero como a cousa é virtual non podo falar con ninguén...Vou un pouco a cegas.
De momento, mentres vou probando como funciona o sistema, estou na tenda básica de bigacartel, na que solo podes ter cinco cousas á venda. Se cadra cada semana doulle a volta e fago unha rotación do escaparate.
Aquí mostro un dos carteis posto na miña casa . Na tenda vai sen marco eh?
Estou traballando en moitas cousas mais. Teño dúas liñas pensadas, que coinciden coas cousas que me gosta facer: deseno gráfico (camisetas, logos carteis, tarxetas...) e cousas aretesanais: monecos, bolsas...desenos propios feitos coas teas que me gosta coleccionar...
De momento estou centrada no deseno grafico e na ilustración pero o meu ordenador non está pola labor...Non fai mais que dicirme todo o tempo: Non podo facer iso que me pides porque os discos de memoria virtual están cheeeos!
Preguntados ao respecto os dous asesores informáticos que teño na casa, un deles contestoume:
-Tira con ese trasto e compra outro ordenador, mamá
E o outro:
-O que pasa é que traballas con moita resolución.
Eso si que é certo, desde pequeniña xa era así, sempre traballei con moita resolución.
4 comentarios:
Parabéns!!!
Que ilusión! Veño de estrear a tenda! Está moi curriña. Pregunta, por que te decidiches por bogcartel e non polo famoso etsy, por exemplo, ou por un blogue que non sexa de pago, sen máis? Xa che dixen que eu sempre penso que vou abrir unha, pero non dou sacado tempo para facer cousas que vender :D
Agora desexoche moitos éxitos!
Gracias!
Tamén teño pensado abrir en Etsy, pero iso é un mundo...Por qué en bigcartel? Pois non o sei...supoño que porque fun mirando as tendas que me gostaban e vin que moitas estban en bigcartel...eu neste mundo móvome por pura emulación...hai tantas cousas chulas por aí adiante...Ademais bigcartel tamén é gratuito (na modalidade que uso eu claro)
Si, é que eu pensaba nas vantaxes de bigcartel, que ten un listado de tendas, ou que ten integrado o pago por paypal, por exemplo fronte a facelo nun blogue normal e corrente, pero que só poidas listar 5 cousas ou que teñas que pagar é un inconvinte segundo para que.
E Etsy está tan cheo, e a maioría é comercio americano, non sei se afecta tamén ós pagos e ás portencatxes que cobran, que me parece mellor sistema que o de bigcartel, porque se non vendes nada tampouco pagas nada... menudas miras teño eu de que vaia ben o negocio, eh? :D
En bigcartel se non vendes nada tampouco pagas nada (a lo menos na modalidade Gold,que é a que teño eu, e que mailo nome é a mais básica, de aí tiran xa para diamantes platinos titanios e que sei eu, que esas si son de pago)
Publicar un comentario