Bueno, xa estamos en setembro, e chegou o momento de empezar a rodar. Levo un tempo dándolle voltas ao asunto, e a cousa no é tan doada... que si non me convence o tecido da camiseta, que si non é exactamente así como quería a impresión...Para mín todo é novo, e vou dando chimpos de aquí para alá. Penso que a cousa non está ainda madura, vou seguir traballando mais, probando nun sitio e noutro, mentres vou definindo que é exactamente o que quero facer.
Así que este é o meu plan:
Vou abrir a tenda en Bigcartel e votala andar axiña, un pouco de proba, para ir collendo o xeito. De momento, pouca cousa, so para ir vendo como funciona o asunto, e para ver si sou quen de manexala. A miña idea é enlazar este blog coa tenda a partir do dia 5 de setembro. Mentres hei seguir traballando coa idea xa de facer unha apertura en toda regra, un pouco mais adiante, se cadra tamén en Etsy...
Ocorreuseme que o día 11 do 11 do 11 é un día sinalado e doado de lembrar, así que ¿por qué non?
Despois de ese período de proba (aínda que a tenda estará plenamente operativa a partir do día 5) Queda marcada a data de inauguración oficial para o dia 11 de novembro , así que, si non chega antes a fin do mundo,ou calquera outro contratempo, quedamos emprazados para esa data para celebrar unha inauguración da tenda como deus manda, cuns canapés e un vinito virtual, ou cun cocktail, xa postos.
Por certo veño de rexistrar o meu dominio personalizado ( www.cousaspequenas.com) é ao pasar o meu blog a ese dominio perdín todos os enlaces que tiña, todos os sitios que me gostaba visitar e que tiña na barra lateral do blog baixo o nome "A miña inspiración" Alquén sabe si hai algún xeito de podelos recuperar? Non entendo por qué desapareceron, si blogspot redirecciona ao meu dominio, tiñan que andar por aí ¿ou non?
En fin, non saber e como non ver verdade? A veces penso que me lancé á rede sen rede...
9 comentarios:
El viejo truco:
http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:nc6TVrnX6LIJ:cousaspequenas.blogspot.com/+cousas+pequenas&cd=1&hl=pt-PT&ct=clnk&client=firefox-a&source=www.google.com
Erktorp
Erktorp, cría que eras un spam...
O sexa, que corto eso e pego e xa está?
Vou probar
Sii! aí están,pero ¿teño que ir traendo un a un? Vaia choio
Mellor iso ca nada
Erktorp
coñé !!! nos despistamos un chisco e.. dominio...tenda on line...a ver que vai ser isto !!! jajaj
noraboa e sorte
( temos de saldo unhas vitrinas de manualidades...por si te valen..jaja)
A Madriña Bless You
PD. agora xa non ten o erro ( terá outros..je)
Hola Madriña, xa ves, como diría o outro, mimá, na que me metín!
que tengas mucha suerte esther con tu shop. ya me contarás como se hace eso de tener una tienda on line!!
mucha suerte maja!!
Gracias Ana!
Publicar un comentario