domingo, 25 de septiembre de 2011

Cartel

Onte fallouse o concurso de carteis para o próximo congreso sobre Lactancia materna que organiza Fedalma. Este foi o cartel que mandei eu. Ainda que non gañei, estou moi contenta, porque o xurado considerou que o meu cartel, xunto co de outra participante, merecía unha mención especial pola súa calidade.

Acabo de lelo na súa páxina web, e estou moi emocionada...dame ánimos para seguir traballando e aprendendo, voume dormir cun sorriso na boca!


4 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Esther, que marabilla! Como me alegro de terte animado a participar, é precioso!!
Igual che fago unha proposta, teño que consultalo antes porque de verdade me encanta :)

esther dijo...

Ola! alegrome que te gustara, gracias por avisarme, xa ves, estou moi contenta!

Teresa dijo...

Parabens Esther! Que bonito o teu cartel. Encántame esa gradación de cor, e que completiño coa figura paterna de fondo, A min paréceme que ben podería gañar pero, tés ti razón, unha mención especial xa é emocionante, así que non desistas, por falta de ánimo que non sexa. Ánimo! e máis Ánimo! que para eso estamos os teus seguidores.

esther dijo...

Moitas gracias!