Como xa comentei, na miña tenda -que abrín o pasado dia 5 de setembro- non podo ter mais de 5 cousas á vista, porque ten un escaparatiño virtual moi pequerrechiño, (lembrame unha mercería que hai aquí) así que teño pensado darlle unha volta cada 10 dias mais ou menos ... Pinto de novo color e poño outras cousas distintas... Ao retirar as cousas que tiña antes borrei as estatísticas das visitas anteriores, das que estaba moi fachendosa, pero, en fin, empezar de cero cada vez tamén ten o seu aquel.
aberto |
2 comentarios:
Parabens pola inauguración, Esther.
A min tamén me gustaría que a túa tenda fose un recuncho onde poder falar e intercambiar ideas, onde vérmonolas caras e pasar por alí de cando en vez a ver se hai novidades e esas cousas.
Pero, a falta diso, aquí estou totalmente emocionada, facendo a primeira compra, xa che dixera un día que poxaba polo apunte da praia de Gradín, e ía en serio. Mandareiche unha foto cando o teña pendurado na miña parede.
Ánimo! e grazas por compartir as túas grandes cousas pequenas.
A túa primeira compra é a miña primeira venda no mundo mundial, así que imaxina o emocionada que estou eu!
Agora mesmo estou empacando a lámina para que te chegue canto antes...
Moitas grazas, Teresa
E si mandas a foto cando a teñas pendurada na casa, si queres, a poño no blog para que a podamos ver...
É emocionante poder ver o camiño que siguen as cousas unha vez que ti as deixas marchar...
Publicar un comentario