miércoles, 17 de agosto de 2011

(Pequeno parentesis)

Andiven un pouco liada de aquí para alá, e mesmo non sei onde teño a cabeza...Nestes dias houbo de todo un pouco, volta ao traballo, unha voda na familia, viaxes dunha punta a outra de Galicia...non atopei momento para pasar por aquí, a ver si acougo un pouco...

Estes dias teño pensado traballar en mais desenos para a tenda, que con tanto bule bule non din feito, e tamén nun cartel para un concurso do que me falaron (gracias tartaroucha!) que remata o prazo moi pronto.

En fin...esquecín a máquina de fotos na casa dos meus pais, así que ata que a recupere non vou poder subir imaxes fresquiñas. Deixo esta de hai xa uns dias, que me pon de bon humor ... A foto non a fixen eu, fixoa o pai da rapaza. Quen poidera voar como ela!





4 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

De nada! :)
E por certo, grazas a ti, houbo un cúmulo de casualidades que fixeron que estiveramos en Vilagarcía o día do mercadiño e que atopase ese posto de teas xenial, botei case unha hora para escoller e só levei 3 retais, pero me gustaban tantos! Cantos estampados preciosos en algodón!
A rapaza me dixo que o seu era un caso especial porque eran retais de inditex, e de feito un dos que trouxen eu, con anduriñas :), o pen, de trafaluc. E ademáis me dixo que tiña tenda física, por se non sabías e che interesa ir algún día o resto do ano ;P

Os Tartarouchos dijo...

E a foto me encanta! Menudo vo, quen puidera, si...

esther dijo...

Que ben que a atoparas!... Si, o da tenda xa mo comentara a rapaza, creo que se chama "Entretelas" pero nunca fun, creo que non está lonxe do mercadiño...

Agora tes que ir por Retales Lidia, en Vigo, e xa tes o mapa completo das miñas peregrinacións ós Santos Lugares do retal!

Os Tartarouchos dijo...

E non podía haber un santo lugar deses aquí pretiño, muller? :D

Mo apunto logo ;)