Estes dias andiven dandolle voltas a un cartel que vou presentar a un concurso e que veño de rematar. Penso que quedou ben, (non é o da foto, cando poda xa o mostrarei). O fixen a partir dun grabado en linoleo, que xa hai tempo que quería probar... as gomas de borrar vanseme quedando pequenas.
Nunca antes grabara nada en linoleo así que o que se di a técnica non a coñezo... Mirei nun libro que teño e a teoría pareceume fácil...Ilusa... A parte do grabar foi ben, é mais ou menos como coa goma, pero á hora de entintar, miña naiciña, a que montei.
As gomas de borrar fagoas coa típica tinta de oficina, eses tampóns que xa venden para os selos de caucho , pero claro o linoleo era moi grande para iso. Probei embadurnar con pintura acrilica un rolo e darlle, peo non foi ben. Logo probei con tinta china en frasco e nin chegou agarrar, estaba moi aguada. Fun a tenda onde mercara o linoleo e non me souberon dicir que tinta tiña que empregar. Mirei en internet e dis que hai tinta especial para linograbado ou tinta offset (?) pero eu por aquí non a atopei.
Como eu non son de me desanimar, volvín a casa e tomei medidas á desesperada, collín o frasco da tinta líquida e pusena a ferver nun cazo, a ver si ao evaporar o auga espesaba un pouco e ía mellor a cousa. Un pouco mellor si foi, pero non para tirar foguetes...En calquera caso valeu, porque despois traballei coa imaxe no ordenador, e retoquei a cousa, pero vamos, teño que mellorar a técnica...
Aquí está cunha tea de raias debaixo
6 comentarios:
Quero velo, quero velo, quero velo!!! A ver se nolo podes amosar axiña :)
Hoxe mesmo preguntei eu por unha gubia de linóleo pensando en carvar gomas... pero agora que sei onde hai o material voume resistir un pouco e se o inverno se me fai moi longo ataco.
Por certo, o outro día seguín un enlace de kireei sobre os gravados en linóleo, pero era para facer con nenos e tampouco aclara moito, pon tinta soluble en auga: http://thelongthread.com/?p=3885
Es a caña ti, eh? Ferver tinta! na vida se me ocorrería tal cousa! E veume á mente o meu mestre de naturais na EXB falando de como morrían os científicos antes misteriosamente despois de ferver mercurio ou deus sabe que máis :DDD
Vale, morrer morrerían, pero así, probando, tamén descubrían cousas ¿o non?
Si, si, totalmente dacordo, só é un exemplo máis de como castrar a creatividade a través do medo ;)
Oe, hoxe volvín á tenda para encargar o marco e aproveitei e lle preguntei pola tinta para linóleo e me dixeron que había unha especial, é tinta al agua para imprimir ou algo así. Son tubiños como os de pintura ó óleo, de consistencia semellante, pero son á auga, claro. Se queres pódoche mercar un na cor que queiras e despois os encargar por aí nalgures...
Lembrei unha tenda de material de belas artes que poden telos, vou preguntar aí a ver que me contan...Ademais agora xa non teño tanta prisa, mal que ben o cartel do concurso xa está feito...Para as seguintes probas xa buscarei con mais calma, é imposible que non atope esa tinta por aquí... pero moitas gracias pola túa oferta...
Eu tamén penso que as tés que atopar por aí, se o hai aquí e no primeiro sitio que entrei tenos que haber aí seguro. De todas maneiras eu deixo o meu ofrecemento por se necesitas amosarlles un tubiño ou algo ;)
Publicar un comentario