miércoles, 29 de junio de 2011

Mais carteis...


Para este retomei aquela anduriña que gravara na goma de borrar. Seguindo os consellos de María (gracias!), escaneei o debuxo e andiven dandolle voltas ao da serigrafia....Teño pensado ir a un obradoiro para que me orienten un pouco...pero non sei, nuns dias voume de vacacións e cólleme todo a trasmano

De momento fixen esta composición.

A miña idea é desenar cinco carteis ou ilustracións que me gusten e cando os teña  mostrar a tenda, que feita xa está, ainda que estea valeira ... De momento renovei a imaxe da cabeceira do blog e fixen outra para a tenda...Como o vou facendo todo de oidas,  ainda non sei como poñela en big cartel, que é a páxina na que creé a tenda, pero todo se andará...

Cando lla ensinei ó meu, para que  dera a súa opinión, díxome algo así como   ou abres ou non abres...senon andas a crear falsas expectativas...Eu dixenlle, home, falsas non son...que abrir vou abrir(  veña, home,  que non é como abrir un Ikea.). E logo engadiu: ademais eso de  "próxima inauguración" queda un pouco de tenda de barrio, non?...Eu debín sorrir porque logo dixo, o era eso o que buscabas?  Eu, a verdade, non buscaba nada, pero o de tenda de barrio, gustoume bastante...

Despois, volvendo mirar o deseño decateime que  a frase estaba inclinada cara abaixo. Seguro que iso debe ser  pecado mortal no mundo do deseno publicitario...a frase tiña que estar tirando para arriba como a gráfica da cotización en bolsa dunha empresa exitosa... Se cadra, algún dia doulle a volta.

4 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Eu tamén teño en mente abrir unha tenda, sempre penso en abrir unha tenda virtual con miles de historias, se me concentrase nunha cousa soa igual o conseguía algún día :D
Estou desexando vela, e sexa como sexa, eu creo que estás creando hype de maneira perfeta ;)

Este gústame moito.

Anónimo dijo...

Gústame moitísimo a túa idea. Eu sereia unha potencial clienta, iso si sempre que os carteis estivesen en galego.

Rocío.

esther dijo...

Esa é a miña idea...vou pensar algún mais...
e que é hype?

Os Tartarouchos dijo...

ai, que se me pasara a túa resposta, eu aprendino de man dun friqui (dos que en inglés chaman geeks ;) ), é crear expectación, ter á xente desexando ver o que é :)