viernes, 3 de junio de 2011

Festas da Ascensión 2011

Non creo que haxa no mundo mundial unha feira tan especial como a de Santiago de Compostela na carballeira de Santa Susana...Onte fumos cos nenos as atraccións e fixen un montón de fotos. Desde que fago as caminatas afecioneime a fotografar o que vexo cando saio,  pero a verdade é que me da moitisimo apuro fotografar xente ou facer fotos nas zonas mais concurridas. A maioría das miñas  fotos son de espazos valeiros de persoas, porque dame vergoña facer fotos á xente pola rúa. 
Onte aproveitei o rebumbio para probar, pero sigo a facelo sen soltura... disparo rápido, case sen pensar no encadre,  como si estivera facendo algo as agochadas...En fin, supoño que co tempo irei collendo o punto ao da foto nas rúas...




Os postos de comida, xa na tardiña..


 A xente pola rúa..



 Os detalles...
E este ano, ademais, foi único, porque por primeira vez na miña vida montei na noria!  pasei un medo de medo, fun con o Val, e mentras el bailaba de risa na cabina a non sei cantos metros sobre o chan eu estaba agarrotada nun recuncho, pechando os ollos cada vez que tocaba baixar...tirei fotos case sen mirar, que non fun quen de soltar as mans da reixa ...





En fin, o ano que ven hei de ir nunha especie de grua xiratoria que te da voltas como a noria, mentras ti vas xirando coma un remuiño...
Eso si que da medo e non a noria, que é de vellas, foi o comentario do meu fillo mais vello, cando aterrei, pálida, no chan.

No hay comentarios: