Hai tempo que non ía por RETO e como o outro día pasei perto da nave aproveitei para botar unha ollada, coa idea de curiosear e non mercar nada... Pero esa cousa de cor rosa estaba alí como chiscandome un ollo e foi vela e pensar: é miña...
As matriculas tamén caeron no lote e para completar un marco, dourado, que sempre ven ben. Sempre me piden o mesmo leve o que leve: 10 €, así que compensa facer un lotiño e levar todo xunto mais que ir preguntando cousa a cousa.
A verdade é que non sabía moi ben que facer co ¿expositor? rosa así que fun probando...Primeiro probei cos discos, pero gustoume mais como os tiña antes. Tamén pensei que facía un bo zapatero xiratorio para os nenos, a ver si así logramos agrupar os zapatos de dous en dous, que sempre andamos as carreiras pola mañán buscando un que falta.
As matriculas foron o carto do neno maior, que non protestou, polo que entendo que lle gustaron, que si non estou certa que xa mo tiña feito saber ...
1 comentario:
Eu últimamente me paso porque tamén teñen roupa (e cousas non podo meter máis na casa) pero a roupa podo usala ou destripala :)
Publicar un comentario