miércoles, 25 de mayo de 2011

ordenando as teas

Xa comentara algunha vez que teño moreas de teas, vounas apañando aquí e alá ,sen mais criterio que me guste o estampado ou o tecido ou que sei eu...Hoxe deume por ordealas, coa idea de facer algo con elas, e ir dándolles saída...Como todo o que teño, é disperso e heteroxéneo...mil cores e estampados, mil tecidos mil materiais e tamaños diferentes... Quero agrupalas por tipo de tecido ,estampados e cores que combinen  ben, coa idea de facer algo con elas...Son cousas tan diversas que é imposible que cadren ben todas xuntas na miña casa, así que estou dandolle voltas á idea de montar unha tenda  on line,  onde mostrar as cousas (pequenas) que vou facendo a partir deste monton de farrapos... Se cadra, alguén se anima a mercar algunha!

Esta é parte da miña coleción de panos de cociña. Por certo, débolle un mandil (ou avental, como lle gusta dicir ó meu amigo Ertopk) a miña irmá, que sempre mo anda a reclamar, mañán,  si podo,  fagollo.
Aquí teño o  pequeno lote que puden xuntar e combinar , cada grupo  para unha idea concreta que xa teño en mente. Non deu tempo a mais, o resto das teas tiven que gardalas tal e como as saquei do armario porque chegou a hora da cea e tiña que librar a mesa. Pero estou contenta, teño moitas...da para montar unha tenda e mesmo unha cadea de franquicias!

3 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Vexo que tiras polas cores cálidas, eh? ;)
Menuda organización fixeches nun momento, eu vou xuntando unha boa presada delas tamén, pero coa colcha voan, e xa teño pensado comezar outra para a L, así que igual nin me chegan, :P
O outro día merquei unha chulísima de raias negras e azuis escuras... e destiñe! Moito! :(
Eu quero ver todas as cousiñas pequenas que fas, e tamén esa tenda nline se te animas :)

esther dijo...

A ver si dou feito algo... eu son moito de argallar cousas que logo quedan en nada, pero a intención está...

Boa sorte coas túas colchas, eu hei de facer unha tamén, ainda que os meus fillos non estan moito pola labor de de ter flores e cores cálidas nas súas camas...

As veces penso, ai si tivera unha neniña! íamos entendernos mellor! (nesto dos gustos costureiros digo)...Pero despois lembro como era eu de nena e digo.. uff, se cadra aínda era pior!

Os Tartarouchos dijo...

Para os fillos é moi doado, xa sabes, desfas camisas de raias e cadros e cores lisas e listo! E as flores e cores cálidas as vas deixando para ti.
O das nenas, pois eu debía ser parecida a ti de pequena, odiaba o rosa e o vermello (e sigo igual, vaia :P) e o pouco que pareciaba o que cosía miña avoa... agora dáme mágoa que estea tan lonxe e non poida gozar vendo o que ando a argallar eu... íase animar... en fin.

Saudiños